|
Exclusiva: Campaña de abonados do Rosalia |
|
|
|
|
Escrito por Adrian
|
|
Sábado 05 de Septiembre de 2009 16:09 |
Como adoita ser costume no cadro colexial, a campaña de aboados farase de rogar. A liga para o conxunto que adestra César Iglesias comeza o día 3 de outubro en Prat (Barcelona), e estrearanse ante as súa afección o día 9 do mesmo mes, ante o Santurtzi.
Segundo informacións ás que puido ter acceso www.deportegal.com , os seareiros non se poderán facer socios até finais de setembro, cando comece a campaña de aboados. Tamén podemos adiantar que os prezos andarán entre os 10 e o 50 euros (segundo a idade), mais estes non son definitivos e aínda se teñen que acordar entre a xunta directiva. Tamén haberá, como todos os anos, carné familiar, e algún outro tipo de desconto. Ademais, podémoslles adiantar que, con case total certeza, os encontros como local hanse disputar no pavillón do instituto que dá nome ao equipo. Hoxe mesmo, uns enviados da Federación Española de Baloncesto ían inspeccionar o pavillón para comprobar se cumpre coa normativa da Adecco Prata, e cales son as modificacións que cómpre facer para adaptarse a dita competición, como, por exemplo, volver pintar o campo de xogo.
|
|
Ultima actualización ( Lunes 14 de Septiembre de 2009 21:02 )
|