|
O LOBELLE B GAÑA O DERBI GALEGO DE PRIMERA 1ª NACIONAL A |
|
|
|
|
Escrito por Adrian
|
|
Domingo 07 de Febrero de 2010 22:55 |
|

O Lobelle B gañou o derbi galego de fútbol sala de filias. Os xogadores de lucenses chegaron aos instantes finais con mínima desvantaxe de 3-2, pero hoxe a superioridade do 5x4 non tivo o efecto esperado e os santiagueses aproveitárono para decidir claramente o partido ao seu favor con tres tantos ata establecer o definitivo 6-3.
Nos primeiros vinte minutos non habería moitas ocasións de gol debido ao respecto entre ambos equipos. Os santiagueses realizaban unha presión alta pero o filial do Azkar zafabase ben dela cunha boa circulación de balón. Aos cinco minutos os lucenses adiantaríanse co 0-1 de Jandri. Durante moitos minutos o Azkar Lugo B dominaría con ese gol a favor pero os composteláns tamén levaban perigo, e en dous erros lucenses, o Lobelle B que se puña por diante co 2-1 ao bordo do descanso.
Tra-la continuación o partido seguía baixo a mesma igualdade que no primeiro acto, con dous equipos ben plantados sobre a pista e buscando o gol. Aos sete minutos da volta de vestiarios, Gil para o Azkar B anotaría o 2-2 que igualaba máis aínda a contenda. Con todo por decidirse, un gol, o que caera nunha portería ou outra, podía ser importante. E o foi para o Lobelle B que a seis minutos do final anotaba o 3-2. Isto fixo recorrer aos lucenses a falta de catro minutos para o final á estratexia de porteiro-xogador. O preparador dos pronistas, Diego Ríos, buscou primeiro con Diego e logo con Lois a fórmula de buscar o empate, pero tres perdas de balón e tres goles do Lobelle (6-2). No último minuto, a nova incorporación do filial do Azkar, Guerra, daría o definitivo 6-3. Goles: 0-1 min. 5 Jandri, 1-1 min. 16 Valladares, 2-1 min. 20 Pintado, 2-2 min. 27 Gil, 3-2 min. 34 Óscar, 4-2 min. 38 Mouro, 5-2 min. 38 Óscar, 6-2 min. 39 Quintela e 6-3 min. 40 Guerra.
| XORNADA Nº 18 06/02/2010 | | | Cistierna | 2 | | Coruxo | 2 | | | | Torre de los Reyes | 3 | | Cidade de Narón | 6 | | | | Rececende | - | | Ourense FS (retirado) | - | | | | Lobelle de Santiago B | 6 | | Azkar Lugo B | 3 | | | | Carballiño FS | 6 | | Noia FS | 5 | | | | Mera FS | 6 | | Caloto Loyo | 1 | | | | O Parrulo | 8 | | C. Puertas Deyma | 2 | | | | Leis Construcuatro | 2 | | Hermanos Barbeito | 4 | | | | | Outras Xornadas: 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 |
|
| Pos. | Equipo | Puntos | PJ | PG | PE | PP | GF | GC | | 1 | O Parrulo | 46 | 17 | 15 | 1 | 1 | 112 | 48 | | 2 | Carballiño FS | 40 | 17 | 13 | 1 | 3 | 97 | 59 | | 3 | Mera FS | 35 | 17 | 11 | 2 | 4 | 80 | 55 | | 4 | Noia FS | 34 | 16 | 11 | 1 | 4 | 72 | 53 | | 5 | Cidade de Narón | 31 | 16 | 10 | 1 | 5 | 77 | 51 | | 6 | C. Puertas Deyma | 26 | 17 | 8 | 2 | 7 | 51 | 53 | | 7 | Hermanos Barbeito | 22 | 17 | 7 | 1 | 9 | 76 | 99 | | 8 | Lobelle de Santiago B | 20 | 17 | 6 | 2 | 9 | 57 | 72 | | 9 | Caloto Loyo | 19 | 17 | 5 | 4 | 8 | 53 | 67 | | 10 | Leis Construcuatro | 18 | 17 | 5 | 3 | 9 | 62 | 68 | | 11 | Rececende | 17 | 16 | 5 | 2 | 9 | 49 | 59 | | 12 | Azkar Lugo B | 16 | 17 | 4 | 4 | 9 | 61 | 76 | | 13 | Coruxo | 15 | 16 | 4 | 3 | 9 | 61 | 86 | | 14 | Cistierna | 9 | 16 | 2 | 3 | 11 | 44 | 83 | | 15 | Torre de los Reyes | 8 | 15 | 2 | 2 | 11 | 54 | 77 | | 16 | Ourense FS (retirado) | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | | |
|
Prensa do Azkar Lugo FS
|
|
Ultima actualización ( Martes 09 de Febrero de 2010 00:15 )
|