';
}
/**
* Add a directory where JHTML should search for helpers. You may
* either pass a string or an array of directories.
*
* @access public
* @param string A path to search.
* @return array An array with directory elements
* @since 1.5
*/
function addIncludePath( $path='' )
{
static $paths;
if (!isset($paths)) {
$paths = array( JPATH_LIBRARIES.DS.'joomla'.DS.'html'.DS.'html' );
}
// force path to array
settype($path, 'array');
// loop through the path directories
foreach ($path as $dir)
{
if (!empty($dir) && !in_array($dir, $paths)) {
array_unshift($paths, JPath::clean( $dir ));
}
}
return $paths;
}
}
| O MÁIS DESTACABLE DOS GALEGOS NA SEGUNDA B |
|
|
|
| Escrito por Adrian | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Domingo 07 de Febrero de 2010 22:30 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Deportegal deixache o máis destacable dos nosos equipos galegos representantes na Segunda B. O MONTAÑEROS CONSEGUE UN TRABALLOSO EMPATE Suma e segue os Montañeiros C. F. Banco Galego, que continúa quinto na clasificación empatado a puntos co cuarto clasificado, o Lugo e a tan só dous puntos do Palencia, que é terceiro. Obtido o obxectivo da permanencia, o equipo de José Ramón xoga agora por un soño e de novo onte demostrou que nada é imposible porque plantou cara a un rival que busca o ascenso sen ambaxes, repleto como está de futbolistas con experiencia en Segunda División e que se foi a por o triunfo nos minutos finais. Puido logralo, pero os Montañeiros tivo arrestos para gardar o empate como un tesouro.
Montañeros Banco Gallego: Diego; Ángel Luis, Pablo López, Capi, Dopico; Julien, Moisés Pereiro; Herbert (Jorge Cano, min.69), Rubén Rivera (Romay, min.62), Niche (Efrén, min.82); y Rubén Pardo. FONTE: MONTAÑEROS C.F
EMPATE ENTRE O CELTA B E O CD LUGO O Celta B repúxose ao gol do Lugo, superior na primeira metade na que ata fallou un penalti, e logrou un meritorio empate cunha espléndida segunda parte na que Álex López acertou e o equipo buscou con afán a vitoria. O central Carlos David debutou, no conxunto de Milo Abellelleira. A xogada marcou un tanto o camiño inmediato do partido, que tomou a dirección da portería celeste. O filial viuse abocado a defender, e fíxoo con convicción e firmeza, sempre, ademais, buscando saídas veloces por banda para sorprender a un Lugo serio, feito, contundente. Sergio viviu tranquilo, ben arroupado, protexido, ata o minuto 29, no que chegou unha sorprendente xogada. O árbitro sinalou un penalti que deixou mudo a Barreiro, incrédulo, atónito. Losada lanzou fóra, á dereita do gardameta de Catoira. Encaixou tres minutos despois tras unha serie de rebotes desafortunados que acabaron na perna de Losada, na área pequena. Fácil para o ?chinés?, quen, só, resarciuse do anterior erro cruzando ante a saída de Sergio. O Celta deu un paso adiante, perigoso ante un conxunto que manexa a contra con soltura. comezaron a chegar balóns interiores, ás costas da zaga, aos puntas luceneses, que non aproveitaron o desconcerto celeste nesa fase final da primeira metade. O filial acusara o tanto e caído nunha precipitación certamente perigosa, aínda que finalmente intranscendente. Candea e Pedro Vázquez foron os elixidos no descanso para intentar reactivar aos celestes, con 45 minutos por diante para fuxir da derrota, difícil tarefa ante un rival sen présa, ben armado atrás e destro no contragolpe. Mellorou o filial tras a continuación, con maior posesión e presenza arriba, aínda que sen inquietar a Gradua nos primeiros minutos. Foi acentuándose o dominio vigués, aumentando a esperanza do empate, aínda que faltaba un tanto de for5tuna nos metros decisivos. Álex López tívoa aos 17 minutos tras un bo pase interior de Pedro Vázquez, pero non acertou a conectar co coiro na área pequena. O Lugo, agora superado con claridade, foi empuxado cara á súa área ata que chegou o desenlace inevitable. Oriol tocou con intelixencia cara a Álex, quen, na área pequena, escorado, cruzou con precisión para lograr o empate. Puido durar apenas un minuto, porque na seguinte xogada Losada cabeceou ao traveseiro nunha contra visitante. E outros sesenta segundos despois, Álex cabeceou picado no interior da área e Gradua acertou a desviar con moitos apuros. En dous minutos o partido, aberto, desenfreado, puido cambiar de xeito radical. O encontro axitouse, acelerado. O punto non satisfacía a ninguén e ambos os equipos buscaron sen timidez un premio maior, que puido levar o Celta B, ambicioso e voluntarioso, pero sen fortuna nos metros finais. 1-Celta B: Sergio, Campillo, Alba, Carlos David, Víctor, Pablo Lede (Pillado, min.72), Pedro García (Candea, min.46), Cristian (Pedro Vázquez), Álex López, Mateo e Oriol, 1-Lugo: Gradua, Dani Cancela, Aira, Mauro (Sergio Mestre, min.88), Pablo Ruiz, Arroio (Tornero, min.55), Seoane, Marcos Rodríguez, Mikel (Sergio, min.18) e ?Chinés? Losada. Goles: 0-1, min.31: Losada; 1-1, min.68: Álex López. Árbitro: Valdés Aller, do comité castelán leonés. Amoestou a Carlos David, Pablo Lede, Víctor, Dani Cancela. Campo: Barreiro, uns 1000 espectadores. FONTE E FOTO: PRENSA CELTA VIGO
Powered by !JoomlaComment 3.26
3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ultima actualización ( Lunes 08 de Febrero de 2010 21:47 ) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||













