|

Co empate inicial (0-0). Así rematou o encontro que enfrontaba este domingo ao Málaga e o Deportivo da Coruña. Un punto que lle permite mantera o conxunto herculino o sexto posto que da acceso ás prazas europeas.
Houbo un punto de inflexión no encontro arredor do minuto 38 da primeira metade, cando era expulsado Pablo Álvarez logo de que o árbitro entendera que simulara un penalti ao ser agarrado por un defensor malacitano. Sen Filipe e Guardado, o equipo deportivista soubo seguir adiante, e ademáis nunha segunda metade cun xogador menos, o Málaga apenas chegou ata a meta branquiazul. Na primeira metade houbo igualdade. Puideron os andaluces adiantarse por mediación dun cabezazo de Fernando pero Aranzubía fixo unha actuación brillante. Tivo que intervir nun par de ocasións. Logo da expulsión de Pablo Álvarez, o partido tomou outro rumbo. Foi Lotina, no seu afán por dar consellos aos colexiados, o que rematou expulsado no descanso.
Na segunda metade, e con dez sobre o campo, o Deportivo puido poñerse por diante. Unha ocasión de Duda foi a mellor oportunidade local para adiantarse. Tamén preto do final Riki fixo unha gran xogada pero o ex deportivista Munúa atallou o seu centro, logo de que Iván Pérez non puidera rematar. A vindeira xornada, o domingo de antroido, Riazor vivirá un ambiente especial no Deportivo – Espanyol.
Esta é a ficha do partido: Málaga: Munúa; Manolo, Stepanov, Iván González, Mtiliga; Javi López (Obinna, m. 46), Toribio (Nacho, m. 81), Duda (Adriano, m. 71), Fernando; Benachour (Baha, m. 58) e Caicedo. Deportivo: Aranzubía; Laure, Colotto, Lopo, Manuel Pablo; Juan Rodríguez, Juca, Pablo Alvarez, Antonio Tomás; Adrián (Iván Pérez, m. 60) e Bodipo (Riki, m. 76). Árbitro: Mateu Lahoz (Comité Valenciano). Mala actuación. Redacción de Fran Lago, compañeiro da radiONeria e quepasanacosta.com.
|