|

Achegamos resultados e crónicas das fases de ascenso, dos nosos amigos do Tenis de Mesa de Oroso.
- Fase de ascenso á 2ª Nacional Masculina: Partido moi importante o desputado este fin de semana en Cambados entre os dous primeiros clasificados da clasificación e grandes favoritos para o ascenso: o Oroso Grupo Puentes, primeiro clasificado e invicto e o Cambados Grupo Barros, segundo clasificado. Por parte dos de Oroso desprazáronse Valeri Malov (2,5), Martín González (2,5) e Alfredo Montero. O resultado final foi de 2-5 para os de Oroso, nun partido caracterizado pola ausencia do mellor xogador de Cambados, Miguel Chaves, o que facilitou as cousas o Oroso Grupo Puentes que segue, así, a estar invicto nesta liga. - Fase de ascenso á 1ª Galega: O Oroso Para Vivir segue como líder invicto tras gañar este fin de semana ó DEz Portas II de Lugo por un claro 6-1, con parciais de Fran Torres (2,5), Carlos Verea (2,5) e José González (1). Impresionante o papel que está a facer este equipo na liga, sendo o máximo favorito para o ascenso. Pola súa banda, o Oroso TM tiña dobre xornada este fin de semana. O sábado xogaba en Oroso ante o Cidade Narón Xuvenil ó que gañaba por un claro 7-0 con puntos de Carlos Domínguez (2), Edu Quintela (1,5), Rodrigo Montero (1,5) e Jacobo Priegue (2). O domingo acadaban una moi importante victoria ante o Afer Formación de Rábade, segundo clasificado, por 5-2 con puntos de Carlos Domínguez (2), Edu Quintela (1,5) e Rodrigo Montero (1,5). Con estas dúas victorias colócanse xa quintos na clasificación a tan só un posto de entrar no playoff final, polo que o partido da próxima xornada ante o Seguros Míguez de Ferrol antóxase vital para acadar o seu obxectivo.
|